Logo

    Buran 016 (03-05-2018)

    glMay 03, 2018
    What was the main topic of the podcast episode?
    Summarise the key points discussed in the episode?
    Were there any notable quotes or insights from the speakers?
    Which popular books were mentioned in this episode?
    Were there any points particularly controversial or thought-provoking discussed in the episode?
    Were any current events or trending topics addressed in the episode?

    About this Episode

    Hai xeitos e estilos para facelo todo, no programa desta quincena, a tripulación de Buran fala de mortes curiosas, as que son claramente ridículas, as que denotan unha resistencia sobre-humana e as que son auto-infrinxidas dos máis variados xeitos. Cunha selección musical no que buscamos o lado fermoso da vida de man de Samesugas, Vinícius e Toquinho e os nosos admirados Monty Python.

    Recent Episodes from Burán

    Burán 036 (02-06-2022) - metaverso

    Burán 036 (02-06-2022) - metaverso
    Como se un mundo non fose suficiente, o ser humano estivo sempre ideando as posibilidades dos universos alternativos. Neste episodio, a tripulación de Burán fala do metaverso, esa extensión virtual da simple realidade obxectiva e o que pode depararnos. Tamén das súas dimensións lúdicas, o reflexo que tivo no cinema e na literatura e a sombra da distopía que espreita. E escoitando achados como P.R2B, Caetano Veloso ou Camarada Nimoy.

    Buran 035 (12-05-2022) - reencontros

    Buran 035 (12-05-2022) - reencontros
    Segundas partes nunca serán boas, pero os reencontros poden ser gloriosos. Co mesmo espírito das primeiras veces e a experiência que a vida, a pandemia e a crioxénese lles deu, a tripulación de Burán protagoniza un dos reencontros máis agardados dos podcasts galegos. E soando Familia Caamagno, Vera Lynn, Triángulo de Amor Bizarro e o Devalo que pide os desexos que sempre compartimos: volver.

    Buran 033 (03-10-2019)

    Buran 033 (03-10-2019)
    O universo conspira para que Burán regrese unha temporada máis. O transbordador consegue unha nova conexión co planeta terra para falar de teorías máis ou menos conspiranoicas, contubernios xudeo-masónicos, illuminatis desbocados, simboloxías crípticas na música pop e outras herbas estrañas. Cunha banda sonora que vai choutando por Offspring, Katy Perry, Bad Religion, Madonna e o combo mortal de Arrhythmia con Rebeliom do Inframundo.

    Buran 032 (25-04-2019)

    Buran 032 (25-04-2019)
    Compartindo piso. A historia da humanidade é a historia dos compañeiros de piso, unha saga que comeza cando Trog e Urg decidiron que sería boa idea partillar aquela caverna tan mona xuntos e das atrocidades que pasaron despois. Neste episodio contamos con Miguel Baamonde, un autoestopista galáctico famoso por compartir vivenda por todo o planeta e escoitamos grandes grupos que trataron o tema da partilla como Los Hermanos, Beach Boys e outros que coñecedes pola tele. Podes escoitar este e outros programas na web www.radiocampusculturae.org

    Buran 031 (04-04-2019)

    Buran 031 (04-04-2019)
    "Maldita memoria" cóntannos que berran os políticos na Terra antes de cada cita electoral. Neste Burán afondamos no funcionamento deses mecanismos do recordo: a amnesia, hipermnesia e outros síntomas, e tamén repasamos algúns dos filmes que centraron nela a súa trama. Escoitando Baiuca, Yo La Tengo, Fino Coletivo e Gran Purismo entre outras músicas inesquecíbeis.

    Buran 030 (21-03-2019)

    Buran 030 (21-03-2019)
    Neste Burán falamos de micronacións, reais ou inventadas, lugares minúsculos e imposibles neste planeta ou en órbita. Con música de Fermín Muguruza, Ataque Escampe e Muse, ademáis dalgún himno máis grande que o país ao que pertence.

    Buran 028 (10-01-2018)

    Buran 028 (10-01-2018)
    O amor é un cego guiado por un tolo. O transbordador Burán, porén, está guiado moitas veces por Jonathan Barral, que desde terra nos axuda a orientarnos e polo espacio e polas ondas. Neste programa acompáñanos falando da cegueira e das persoas cegas, na vida e na literatura ou o cinema. Escoitaremos cantares de cego, Hercules & Love Affair ou a Tiago Nacarato.
    Logo

    © 2024 Podcastworld. All rights reserved

    Stay up to date

    For any inquiries, please email us at hello@podcastworld.io