Logo

    2bacharelato

    Explore "2bacharelato" with insightful episodes like "Dido e Eneas. A paixón na ópera do Barroco", "A Candeloria, onde casan os paxariños" and "Comprendendo os procesos meteorolóxicos de Galicia" from podcasts like ""Cercaronme as ondas", "Cercaronme as ondas" and "Cercaronme as ondas"" and more!

    Episodes (3)

    Dido e Eneas. A paixón na ópera do Barroco

    Dido e Eneas. A paixón na ópera do Barroco
    “DIDO E ENEAS” DE HENRY PURCELL (1659-1695) A PAIXÓN NA ÓPERA DO BARROCO

    Cartago, unha cidade exótica situada no norte de África na que reina a fermosa Dido. Eneas, un príncipe troiano que foxe da sua cidade tras a súa destrución, e que viaxa coa misión de fundar Roma. Cando fai escala en Cartago, Dido namórase perdidamente del e ámbolos dous viven unha apaixonada historia de amor. Pero ai!, estamos a finais do século XVII, no Barroco, e os compositores de ópera elixen argumentos mitolóxicos onde o deber e o destino están por riba dos sentimentos, algo difícil de entender nos nosos días. As emocións contrastantes ao amor, a procuran unhas bruxas desexosas de mal. Mediante un feitizo, buscarán separar aos amantes, para que Eneas prosiga a súa travesía. Tamén hai momentos de ledicia coa presenza de mariñeiros, neste caso coa colaboración especial de alumnado de Música 1º de Bacharelato, que interpretarán a pegadiza canción “ Come away, fellow sailors”.
    O alumnado de 2º de Bacharelato de Historia da Música e da Danza do IES Mendiño, é o encargado no seguinte podcast de describir esta historia. O guión está baseado nos textos e músicas orixinais que o compositor inglés Henry Purcell creou para ser representada en ópera nun colexio feminino de Londres.

    Podedes acceder a máis información na nosa web, RQR, a radio do IES Mendiño

    Sintonía:The following music was used for this media project:
    Music: _Wholesome_ by Kevin MacLeod
    Free download: https://filmmusic.io/song/5050-wholesome
    License (CC BY 4.0): https://filmmusic.io/standard-license
    Artist website: https://incompetech.com
















    A Candeloria, onde casan os paxariños

    A Candeloria, onde casan os paxariños
    O 2 de febreiro foi o día da Candeloria, día no que casan os paxariños e que algúns consideran o día dos namorados en Galicia. Velaquí unha escolma da nosa celebración e das nosas mensaxes de amor.
    Neste podcast participan David, Lucía, Rachele e Julia, alumnado de 2º Bacharelato do IES Mendiño, que se coordinaron coa súa profesora de Lingua Galega.

    Podedes acceder a máis información na nosa web, RQR, a radio do IES Mendiño


    A música deste episodio:
    Love . De Alex Productions, da canle Titan Music de Youtube.

    Sintonía:The following music was used for this media project:
    Music: _Wholesome_ by Kevin MacLeod
    Free download: https://filmmusic.io/song/5050-wholesome
    License (CC BY 4.0): https://filmmusic.io/standard-license
    Artist website: https://incompetech.com

    Comprendendo os procesos meteorolóxicos de Galicia

    Comprendendo os procesos meteorolóxicos de Galicia
    Ademais do alumnado de 1º ESO A do IES Mendiño, o alumnado das materias de Ciencias da Terra e do medioambiente de 2º de bacharelato e de Cultura científica de 4º da ESO tamen combinaron a súa participación no Proxecta Meteoescolas coa participación en RQR. 
    A profesora de Bioloxía e xeoloxía, Liliana Saco, planteou ao alumnado de Bacharelato a preparación de guións de podcast que axudaran a comprender a sociedade os fenómenos meteorolóxicos que afectan a Galicia principalmente, cal é o seu funcionamento e cales son os seus riscos asociados. Pero xa sabemos o que pasa en segundo de bac, o tempo pasa rápido e o curso faise moi curto. O alumnado de Cultura científica, sabendo a gran necesidade de pechar a brecha e acercar a ciencia á sociedade, ofrecéronse voluntarios para gravalos, aportando así o seu graniño de area á divulgación científica.
    O podcast inclue 5 bloques:
    1. O tempo atmosférico: Escrito por: Hugo Vázquez e Iago Martínez
    Voces de: Sandra Couñago e Sheila Santos
    2. As cicloxéneses explosivas: Escrito por: Felipe Martínez, Carla Lusquiños e Pablo Sobral.
    Voces de: Bruno Carrera, Héctor Borrero e Noah Raña
    3. A DANA. Escrito por: Laura Martínez, Alba Ojea e Andrea Devesa.
    Voces de: Brais Tellado, Rubén Bouzón e Raúl Conde.
    4. As vagas de calor e de frío. Escrito por: Iria Quinteiro, Paula Cabrera, Emma Lago e Candela Couñago.
    Voces de: Lucía González, Daniel Fernández, Rubén de la Torre e Nicolás Kaulback.
    5. Os furacáns. Escrito por: Uxía Sobrado, Sabela Gunche, Aldara González e Candela Crespo.
    Voces de: Sheila Santos, Sandra Couñago, Erik Domínguez e Diego Rodríguez.

    Cercáronme as ondas é un podcast de RQR - IES Mendiño: https://rqr.gal

    Músicas que acompañan o audio:
    Wholesome by Kevin MacLeod
    Link: https://incompetech.filmmusic.io/song/5050-wholesome
    License: https://filmmusic.io/standard-license
    Logo

    © 2024 Podcastworld. All rights reserved

    Stay up to date

    For any inquiries, please email us at hello@podcastworld.io