Logo

    Todas as pegadas levan a ela. Día das Bibliotecas

    glNovember 23, 2022
    What was the main topic of the podcast episode?
    Summarise the key points discussed in the episode?
    Were there any notable quotes or insights from the speakers?
    Which popular books were mentioned in this episode?
    Were there any points particularly controversial or thought-provoking discussed in the episode?
    Were any current events or trending topics addressed in the episode?

    About this Episode

    O luns 24 de outubro tivo lugar a celebración do Días das Bibliotecas. Baixo o lema "Todas as pegadas levan a ela" o equipo da biblioteca do IES Mendiño realizou toda unha serie de actividades nas que implicaron a toda a comunidade educativa.
    Acompaña ao alumnado de 1º ESO A, Uxía Barreiro Gómez, Pablo Boullosa Alonso, Naia Boullosa Zubiaurre, Hugo García Reguera, Marta Barreiro Pérez, Sofía Darroza Villar, Thiago Pérez Condines e Luna Regueiro Vuelta, quen nos contan o por que da celebración, as actividades do centro no Día das Bibliotecas e a importancia das bibliotecas e da lectura nun centro educativo.

    Toda a información na nosa web: https://rqr.gal

    Sintonía:
    The following music was used for this media project:
    Music: Wholesome by Kevin MacLeod
    Free download: https://filmmusic.io/song/5050-wholesome
    License (CC BY 4.0): https://filmmusic.io/standard-license
    Artist website: https://incompetech.com

    Recent Episodes from Cercaronme as ondas

    Unha semaniña enteira

    Unha semaniña enteira
    Un ano máis o IES Mendiño bota a andar, xunto con outros dous centros de secundaria de Redondela, a actividade "Unha Semaniña Enteira". Unha actividade coordinada desde o Departamento de galego e que busca mellorar e avaliar a oralidade do noso alumnado, animándoos a falar en galego durante sete días. Para isto é fundamental a complicidade de todo o centro (profesorado e persoal) e das familias. Desde aquí o noso agradecemento a todos eles polo esforzo e a ilusión que lle puxeron estes sete días. A valoración do alumnado é moi positiva e animan a seguir coa actividade no futuro.
    Participaron no programa Anxo Lusquiños (pai dunha alumna do centro), Carme Vallejo (docente de economía), Fon Conde (encargado da cafetaría do centro) e unha parte do alumnado do equipo de radio: Mara e Lucía de 2º da ESO, Hugo de 3º da ESO e Nico e Maeloc de 2º Bacharelato. O programa estivo conducido por Olga Nogueira (profesora de galego e coordinadora da radio) con Maeloc aos mandos. A edición fixérona Nico e José Antonio Martínez.

    Entrevista a membros do Obradoiro Fernando Monroy de Cesantes

    Entrevista a membros do Obradoiro Fernando Monroy de Cesantes
    E no último programa deste curso, o alumnado de 1º da ESO C, representado por Sabela e Antía, entrevistaron ao presidente (José Antonio) e exsecretario (Norberto) do Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy, de Cesantes. Unha asociación coa que o noso centro colaborou recentemente nunha limpeza do río Pexegueiro e que nos viñeron falar das súas actividades presentes e futuras. E, entre elas, a convidarnos a participar no Concurso Fotográfico que celebran cada ano e que conta cunha modalidade xuvenil dotada con 150€ en premios. E cun premio de 250€ á mellor fotografía! É para pensalo, verdade? Pois, a gozar da fotografía no verán e, se vos presta, a tentar sorte na vindeira edición do certame, que se presenta a finais de agosto. Que pasedes unhas moi boas vacacións e até a volta!


    Podedes acceder a máis información na nosa web, RQR, a radio do IES Mendiño

    Sintonía:The following music was used for this media project:
    Music: _Wholesome_ by Kevin MacLeod
    Free download: https://filmmusic.io/song/5050-wholesome
    License (CC BY 4.0): https://filmmusic.io/standard-license
    Artist website: https://incompetech.com

    Chuletas: pasado, presente e futuro

    Chuletas: pasado, presente e futuro
    O alumnado do Equipo de Radio é ousado e, este curso, quixo coñecer o centro máis a fondo. Por iso fixo enquisas entre os seus compañeiros, entrevistas entre o profesorado, elaborou estatísticas e chegou ao fondo. Ao fondo das mesas, ao fondo dos petos dos suadoiros, ao fondo das mangas das cazadoras... fondos onde, por veces, se agochan as chuletas. Esas armas de dobre fío que, o mesmo te achegan ao aprobado que te catapultan ao cero máis absoluto.
    A copia forma parte da aprendizaxe, pero a honestidade máis. Por iso o Equipo de Radio non se responsabiliza das opinións verquidas polos seus compañeiros e compañeiras, que cómpre tomar por veces máis froito da imaxinación ca de ningunha realidade vivida, e anima a apostar pola intelixencia natural. A apostar por seguir sendo persoas de fiar.

    Podedes acceder a máis información na nosa web, RQR, a radio do IES Mendiño

    Sintonía:The following music was used for this media project:
    Music: _Wholesome_ by Kevin MacLeod
    Free download: https://filmmusic.io/song/5050-wholesome
    License (CC BY 4.0): https://filmmusic.io/standard-license
    Artist website: https://incompetech.com

    Lemendiño: escolma de momentos

    Lemendiño: escolma de momentos
    Neste curso escolar estivo en marcha no IES Mendiño o noso club de lectura, Lemendiño. Funcionou como un espazo que uniu a alumnado e profesorado e persoal do centro arredor da lectura. Como novidade, este ano no canto de libros e obras completas, adicámonos a pequenos artefactos lectores, que non soamente había que ler, senón que había que interpretar e recrear de múltiples formas. A longo dos tres trimestres, nos 30 minutos do recreo, a biblioteca acollía, cun chocolate con churros, a quen quería gozar coa lectura doutro xeito. Falamos dos nosos principios literarios, aventurámonos en cidades invisibles da man de Italo Calvino, voamos coa poesía, e rematamos co xogo colaborativo do invisible lectores. Tamén gozamos da visita da xenial autora Eva Mejuto.

    Podedes acceder a máis información na nosa web, RQR, a radio do IES Mendiño

    CRÉDITOS:
    Toda a música deste capítulo ten licencia CC 4.0, grazas a https://filmmusic.io/standard-license
    The following music was used for this media project:Music: Imagefilm 019 by Sascha EndeFree download: https://filmmusic.io/song/390-imagefilm-019License (CC BY 4.0): https://filmmusic.io/standard-licenseThe following music was used for this media project:Music: Die Gedanken sind frei (zum Mitsingen/Karaoke) by Sascha EndeFree download: https://filmmusic.io/song/337-die-gedanken-sind-frei-zum-mitsingenkaraokeLicense (CC BY 4.0): https://filmmusic.io/standard-licenseThe following music was used for this media project:Music: Emotional Piano Improvisation by Alexander NakaradaFree download: https://filmmusic.io/song/6199-emotional-piano-improvisationLicense (CC BY 4.0): https://filmmusic.io/standard-licenseThe following music was used for this media project:Music: Old Walls by Frank SchroeterFree download: https://filmmusic.io/song/6706-old-wallsLicense (CC BY 4.0): https://filmmusic.io/standard-licenseThe following music was used for this media project:Music: Epic Intro 2017 by Sascha EndeFree download: https://filmmusic.io/song/558-epic-intro-2017License (CC BY 4.0): https://filmmusic.io/standard-license
    Sintonía:The following music was used for this media project:
    Music: _Wholesome_ by Kevin MacLeod
    Free download: https://filmmusic.io/song/5050-wholesome
    License (CC BY 4.0): https://filmmusic.io/standard-license
    Artist website: https://incompetech.com

    Entrevista a deportistas e artistas

    Entrevista a deportistas e artistas
    No programa desta semana entrevistamos catro alumnos e alumnas do centro que destacan polos seus éxitos deportivos e/ou musicais. Alumnado que compatibiliza os estudos no instituto con estes outros estudos / actividades fóra do centro, e que nos falan do sobrecusto que isto lles supón en determinados momentos. Sirva este programa como recoñecemento ao seu esforzo e aos seus éxitos.
    Tanto o alumnado entrevistador como o entrevistado cursan 3º da ESO no IES Mendiño.

    Podedes acceder a máis información na nosa web, RQR, a radio do IES Mendiño

    Sintonía:The following music was used for this media project:
    Music: _Wholesome_ by Kevin MacLeod
    Free download: https://filmmusic.io/song/5050-wholesome
    License (CC BY 4.0): https://filmmusic.io/standard-license
    Artist website: https://incompetech.com

    Pílulas de nutrición

    Pílulas de nutrición
    No programa de hoxe traemos unha escolma dos traballos sobre nutrición e a ciencia, realizados polo alumnado de 2º ESO, en concreto na materia de Promoción de Estilos de Vida Saudable.
    Sabes cantos tipos de dieta existen? Sóanche a dieta hipocalórica, a proteica, a atlántica, a detox ou a lixo? Pois non te preocupes, porque o alumnado do IES Mendiño vaichas ensinar. Mais como elas din, cun carácter puramente informativo, para saber as diferenzas entre os distintos tipos de dieta. Así, se o que queres é mudar a túa dieta, xa sabes, tes que ir a un nutricionista!
    Participa o alumnado de 2º ESO:
    - Xandre, coa dieta lixo.
    - Antía, coa dieta detox.
    - Ainhoa, coa dieta vexetariana.
    - Joel, coa dieta vegana.
    - Estrella, coa dieta xaxún.
    - Ana Lía, coa dieta hipocalórica.
    - Lucas, coa dieta hipercalórica.
    - Mara, coa dieta paleo.
    - Iago, coa dieta milagre.
    - Naiara, coa dieta atlántica.

    Podedes acceder a máis información na nosa web, RQR, a radio do IES Mendiño

    Sintonía:The following music was used for this media project:
    Music: _Wholesome_ by Kevin MacLeod
    Free download: https://filmmusic.io/song/5050-wholesome
    License (CC BY 4.0): https://filmmusic.io/standard-license
    Artist website: https://incompetech.com

    Entrevista Xosé González Martínez: Paco Fernández del Riego e a situación do galego

    Entrevista Xosé González Martínez: Paco Fernández del Riego e a situación do galego
    Pasou polos estudos de RQR Xosé González Martínez, un gran traballador a prol da lingua galega, como deixou patente coas innumebles iniciativas que desenvolveu coma funcionario do Concello de Redondela durante moitos anos.
    Un intelectual que segue moi activo a través da súa participación en diferentes publicacións, así como ás súas achegas en diferentes xornais galegos.
    Veu ao IES Mendiño, convidado polo EDL do centro, para falar ao alumnado de 1º de Bacharelato da figura de Francisco Fernández del Riego, un gran amigo del, a quen como sabedes se lle dedica este 2023 o Día das Letras Galegas.
    E como non!, acompañados na responsable de EDL do IES Mendiño, Teresa Monteagudo, Rubén Darriba, alumno de 2º ESO faille unha entrevista que nos vai permitir achegárnos á súa visión sobre a situación da lingua galega e as súas perspectivas de futuro.

    Podedes acceder a máis información na nosa web, RQR, a radio do IES Mendiño

    Sintonía:The following music was used for this media project:
    Music: _Wholesome_ by Kevin MacLeod
    Free download: https://filmmusic.io/song/5050-wholesome
    License (CC BY 4.0): https://filmmusic.io/standard-license
    Artist website: https://incompetech.com

    Anedoctario Redondelán

    Anedoctario Redondelán
    Anecdotario redondelán é un blog sostido polo incansable traballo de Juan Migueles. Cultura, historia, arqueoloxía, cine, xeografía, paisaxe, fotografía, música e unha infinidade de cousas máis teñen acubillo neste espazo da rede.
    Desde a materia de Paisaxe e Sostibilidade do IES Mendiño quixemos facer unha pequena homenaxe ao blog e ao seu autor; así como pedir a quen ten asignadas as responsabilidades de protección e promoción do patrimonio que iniciativas como o Anecodotario redondelán non desaparezan.

    Podedes acceder a máis información na nosa web, RQR, a radio do IES Mendiño

    Sintonía:The following music was used for this media project:
    Music: _Wholesome_ by Kevin MacLeod
    Free download: https://filmmusic.io/song/5050-wholesome
    License (CC BY 4.0): https://filmmusic.io/standard-license
    Artist website: https://incompetech.com

    Día das Letras Galegas 2023

    Día das Letras Galegas 2023
    Un ano máis, celebramos o día das Letras Galegas. Nesta ocasión homenaxeando un home cuxo activismo a prol da lingua e da cultura galega resultou fundamental nun momento duro da nosa historia. Un home que, entre outras cousas, axudou a instituír esta mesma celebración.
    Desde o centro propuxémoslle ao alumnado unha actividade epistolar (xénero do que moito gostaba don Francisco Fernández del Riego, máis coñecido como don Paco): que lle escribisen unha carta a el contándolle como ven eles a lingua e cultura galega actuais. Seleccionamos uns breves anacos destas cartas, de distintos niveis educativos (de 1º da ESO a 1º de Bacharelato), a modo de exemplo.
    E rematamos cunha reflexión final sobre a situación da lingua galega a través de tres profesoras do departamento de galego do centro.

    Podedes acceder a máis información na nosa web, RQR, a radio do IES Mendiño

    Música:
    Música que acompaña as cartas do alumnado:
    Music: Sunny Serenity [Full version] by MusicLFiles
    Free download: https://filmmusic.io/song/10849-sunny-serenity-full-version
    License (CC BY 4.0): https://filmmusic.io/standard-license

    Sintonía:
    Music: _Wholesome_ by Kevin MacLeod
    Free download: https://filmmusic.io/song/5050-wholesome
    License (CC BY 4.0): https://filmmusic.io/standard-license
    Artist website: https://incompetech.com


    E o galego pa cando? Coloquio sobre a situación do galego.

    E o galego pa cando? Coloquio sobre a situación do galego.
    E o galego pa cando?, poderiamolo cantar ao ritmo da coñecida canción de Jennifer López (aínda que ela falaba de aneis). Mais é o título que nos permite presentar este coloquio onde se valora os resultados da enquisa sociolingüística que desde o equipo de Dinamización Lingüística se realizou no IES Mendiño neste curso escolar 22/23.
    Unha enquisa dirixida a todo os membros da comunidade educativa, alumnado do instituto, de ESO e Bacharaleto, as familias, o persoal de admnistración e servizos e o profesorado.
    Trata de ver cal é a situación do galego tanto no noso instituto coma na contorna. Xa hai tres anos desenvolveuse unha primeira enquisa, tamén dirixida pola nosa responsable do EDL, Teresa Monteagudo, e neste curso escolar deciuse volver facela para comprobar que aspectos melloraran e aqueles outros que precisaban un maior afondamento.
    E que mellor que traer con nós a alumnado do noso centro para que comenten e avalíen os resultados da enquisa, aportándonos as súas reflexións sobre o presente e o futuro do galego. Así participaron neste faladoiro Alba Cabaleiro, Darío González e Sara Lusquiños, alumnado de 1º de Bacharelato, aos que acompañou a responsable do EDL do IES Mendiño, Teresa Monteagudo. Deixámosvos con elas/es.

    Podedes acceder a máis información na nosa web, RQR, a radio do IES Mendiño

    Sintonía:The following music was used for this media project:
    Music: _Wholesome_ by Kevin MacLeod
    Free download: https://filmmusic.io/song/5050-wholesome
    License (CC BY 4.0): https://filmmusic.io/standard-license
    Artist website: https://incompetech.com
    Logo

    © 2024 Podcastworld. All rights reserved

    Stay up to date

    For any inquiries, please email us at hello@podcastworld.io