Logo

    1eso

    Explore "1eso" with insightful episodes like "Entrevista a membros do Obradoiro Fernando Monroy de Cesantes", "Día Mundial do Teatro", "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas", "Cousiñas do mar e do rio" and "A lavandeira de San Simón" from podcasts like ""Cercaronme as ondas", "Cercaronme as ondas", "Cercaronme as ondas", "Cercaronme as ondas" and "Cercaronme as ondas"" and more!

    Episodes (11)

    Entrevista a membros do Obradoiro Fernando Monroy de Cesantes

    Entrevista a membros do Obradoiro Fernando Monroy de Cesantes
    E no último programa deste curso, o alumnado de 1º da ESO C, representado por Sabela e Antía, entrevistaron ao presidente (José Antonio) e exsecretario (Norberto) do Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy, de Cesantes. Unha asociación coa que o noso centro colaborou recentemente nunha limpeza do río Pexegueiro e que nos viñeron falar das súas actividades presentes e futuras. E, entre elas, a convidarnos a participar no Concurso Fotográfico que celebran cada ano e que conta cunha modalidade xuvenil dotada con 150€ en premios. E cun premio de 250€ á mellor fotografía! É para pensalo, verdade? Pois, a gozar da fotografía no verán e, se vos presta, a tentar sorte na vindeira edición do certame, que se presenta a finais de agosto. Que pasedes unhas moi boas vacacións e até a volta!


    Podedes acceder a máis información na nosa web, RQR, a radio do IES Mendiño

    Sintonía:The following music was used for this media project:
    Music: _Wholesome_ by Kevin MacLeod
    Free download: https://filmmusic.io/song/5050-wholesome
    License (CC BY 4.0): https://filmmusic.io/standard-license
    Artist website: https://incompetech.com

    Día Mundial do Teatro

    Día Mundial do Teatro
    Para celebrar unha data senlleira como a do 27 de marzo, o alumnado de 1º de ESO A e 1º de ESO C aproveitou a súa asistencia á representación en Vigo de Las aventuras de Tom Sawyer para comentar curiosidades sobre o novelista Mark Twain e para dramatizar algunhas escenas do texto adaptado. Asemade, comparten con nós as súas recensións neste enlace ao blog Poiesis. Pola outra banda, Catalina contextualiza a conmemoración e intervén xunto con tres alumnas de 1º de ESO A e Miguel Rancaño Míguez, exalumno do centro e profesor de Lingua Galega en formación, na lectura teatralizada da escena I de Romance de Lobos, comedia bárbara de Ramón del Valle-Inclán. Aderezan o programa dúas cuñas publicitarias elaboradas polo alumnado de Oratoria: Abril Nieto Moráguez (2º ESO A) e Sabela Piedras Arca (2º ESO B); Breixo Díaz Álvarez (2º ESO C), Pablo Docampo Pérez (2º ESO B) e Naira Cabaleiro López (2º ESO A). Durante o programa, por orde de intervención, participan:
    • Christian de la Hoz Andrade, Paula González Mirou, Brais Couñago Cabaleiro, Saray Misa Pérez de 1º ESO C.
    • Antía Ventura Martínez, Bruno Silva Couñago, Sabela Costas Lago, Raúl Álvarez Rodríguez de 1º ESO C.
    • Omar Martínez Dopazo e Hugo Barriga Fervenza de 1º de ESO C.
    • Iago Yáñez García, Raquel Bouzón Teles, Hugo García Reguera, Eloy Allut Camiña de 1º ESO A.
    • África Bouzón Cardesín, Manuel Camino Nogueiras, Thiago Pérez Condines, Luna Regueiro Vuelta, Pablo Boullosa Alonso, Juan Pérez Táboas de 1º ESO A.
    • Miguel Rancaño Míguez, Catalina Míguez Vilas, Uxía Barreiro Gómez, Luna Regueiro Vuelta e Shaila Castro Novelle de 1º ESO A.
    Podedes acceder a máis información na nosa web, RQR, a radio do IES Mendiño

    Sintonía:The following music was used for this media project:
    Music: _Wholesome_ by Kevin MacLeod
    Free download: https://filmmusic.io/song/5050-wholesome
    License (CC BY 4.0): https://filmmusic.io/standard-license
    Artist website: https://incompetech.com

    As laranxas máis laranxas de todas as laranxas

    As laranxas máis laranxas de todas as laranxas
    Sete das alumnas e alumnos de 1º da ESO B do IES Mendiño presentan un fragmento da obra As laranxas máis laranxas de todas as laranxas, de Carlos Casares. Foi dirixida por Clara Borrajo e representada por:- Narradora, laranxa e ovo: Sara Alonso
    - Elías: Bruno Alonso
    - Anxa: Sara Pérez
    - Veciña Desdentada: Mara Comesaña
    - Veciño da Escopeta: Pablo Figueroa
    - Veciño Gordo: Jorge Barreiro
    - Veciña Sabida: Sara Fernández
    Ao longo das sete escenas que aquí vos presentamos, descubriremos como comezan a crecer laranxas no limoeiro de Elías e Anxa, chamando a atención dos veciños da zona. Mergulládevos connosco nesta disparatada historia chea de enredos, onde as laranxas estouran e os ovos falan.

    Podedes acceder a máis información na nosa web, RQR, a radio do IES Mendiño


    Sintonía:The following music was used for this media project:
    Music: _Wholesome_ by Kevin MacLeod
    Free download: https://filmmusic.io/song/5050-wholesome
    License (CC BY 4.0): https://filmmusic.io/standard-license
    Artist website: https://incompetech.com

    Cousiñas do mar e do rio

    Cousiñas do mar e do rio
    Estrea mundial de:
    COUSIÑAS DO MAR E DO RÍO. Unha obra de Fernando González Graña.
    Dirixida por Olga Nogueira e interpretada por alumnado de 1º da ESO:
    • Narrador: Bruno Alonso
    • Sardiña: Omar Martínez
    • Troita: Brais Couñago
    • Polbiño: Ainhoa Mouriño
    • Escalo: Candela Martínez
    • Salmón: Mélani García

    Tomade boa nota da historia destes peixiños e… que ninguén vos impida navegar!
    Esta obra foi montada como colaboración do Equipo da Radio RQR co Proxecto Ríos do centro.

    Podedes acceder a máis información na nosa web, RQR, a radio do IES Mendiño


    Sintonía:The following music was used for this media project:
    Music: _Wholesome_ by Kevin MacLeod
    Free download: https://filmmusic.io/song/5050-wholesome
    License (CC BY 4.0): https://filmmusic.io/standard-license
    Artist website: https://incompetech.com

    A lavandeira de San Simón

    A lavandeira de San Simón
    Entre os libros de lectura recomendada neste curso volveu estar "A lavandeira de San Simón, de Eva Mejuto. A raíz da súa lectura, o equipo de radio acordou entrevistar a Teresa Figueroa Otero, filla dunha desas lavandeiras heroicas das que fala o libro. E, para enmarcar o período, entrevistamos tamén a Guillermo Fontán Feijóo, avó dunha alumna do centro, que nos conta as súas vivencias de loita obreira durante o período franquista. A entrevista foi feita por Lucía e Mara de 1ESO.
    Podedes acceder a máis información na nosa web, RQR, a radio do IES Mendiño


    Sintonía:The following music was used for this media project:
    Music: _Wholesome_ by Kevin MacLeod
    Free download: https://filmmusic.io/song/5050-wholesome
    License (CC BY 4.0): https://filmmusic.io/standard-license
    Artist website: https://incompetech.com

    As Pantallas e o Entroido de Xinzo

    As Pantallas e o Entroido de Xinzo
    Traemos ao noso podcast a segunda parte da entrevista que lle fixeron hai unhas semanas Martín, Sabela e Antía, de 1º ESO C, a Xosé Manuel Atanes. Nesta ocasión fálanos do Entroido en Xinzo de Limia, das Pantallas e de como se vive o entroido nesta localidade, unha das do triángulo máxico do entroido en Ourense: Xinzo - Laza - Verin.

    Podedes acceder a máis información na nosa web, RQR, a radio do IES Mendiño

    Ligazóns neste episodio:
    "Las Pantallas abren el desfile de Entroido de Xinzo", na canle de La Region en Youtube.

    Sintonía:The following music was used for this media project:
    Music: _Wholesome_ by Kevin MacLeod
    Free download: https://filmmusic.io/song/5050-wholesome
    License (CC BY 4.0): https://filmmusic.io/standard-license
    Artist website: https://incompetech.com

    Todas as pegadas levan a ela. Día das Bibliotecas

    Todas as pegadas levan a ela. Día das Bibliotecas
    O luns 24 de outubro tivo lugar a celebración do Días das Bibliotecas. Baixo o lema "Todas as pegadas levan a ela" o equipo da biblioteca do IES Mendiño realizou toda unha serie de actividades nas que implicaron a toda a comunidade educativa.
    Acompaña ao alumnado de 1º ESO A, Uxía Barreiro Gómez, Pablo Boullosa Alonso, Naia Boullosa Zubiaurre, Hugo García Reguera, Marta Barreiro Pérez, Sofía Darroza Villar, Thiago Pérez Condines e Luna Regueiro Vuelta, quen nos contan o por que da celebración, as actividades do centro no Día das Bibliotecas e a importancia das bibliotecas e da lectura nun centro educativo.

    Toda a información na nosa web: https://rqr.gal

    Sintonía:
    The following music was used for this media project:
    Music: Wholesome by Kevin MacLeod
    Free download: https://filmmusic.io/song/5050-wholesome
    License (CC BY 4.0): https://filmmusic.io/standard-license
    Artist website: https://incompetech.com

    Falamos de fútbol sala con Elena e Paula

    Falamos de fútbol sala con Elena e Paula
    Xa metidas en pleno curso escolar, aproveitamos para falar co noso alumnado das actividades que están a facer fóra do instituto.
    E temos a sorte de contar con Elena e Paula, alumnas de 1º da ESO, ambas as dúas xogadoras de fútbol sala no Redondela F.S. E como non, explícanos por que escolleron este deporte. dos preconceitos que o asocian ao mundo masculino, do que supón estar nun equipo federado e moito máis.

    Toda a información na nosa web: https://rqr.gal
    E se queredes saber máis do club de Elena e Paula: https://redondelafutbolsala.com/


    Sintonía:
    Wholesome by Kevin MacLeod
    Link: https://incompetech.filmmusic.io/song/5050-wholesome
    License: https://filmmusic.io/standard-license

    Para que serve unha ANPA?

    Para que serve unha ANPA?
    No programa de hoxe, dentro da benvida que lle seguimos dando ao cuso 22/23, Mara Comesaña e Bruno Alonso, de 1º ESO B, acompañados da súa profesora de galego Pilar Cornes, entrevistan a Anxo Lusquiños, o presidente da ANPA (Asociación de Nais e Pais de Alumnado) do IES Mendiño. Con el falan, entre outros temas, das funcions dunha ANPA, do problema do transporte escolar (un dos temas que máis lles está custando solucionar) ou da recente creación dunha Federación de ANPAS en Redondela.

    Toda a información na nosa web: https://rqr.gal

    Músicas que acompañan o audio:
    Wholesome by Kevin MacLeod
    Link: https://incompetech.filmmusic.io/song/5050-wholesome
    License: https://filmmusic.io/standard-license
    Cercaronme as ondas
    glOctober 07, 2022

    Benvida ao curso 2022-23

    Benvida ao curso 2022-23
    Dámoslle a benvida ao curso 2022-23 entrevistando a catro alumnas/os recén chegados ao noso centro. Falamos con Bruno Silva, Lucía Campos, Melani García e Ainhoa Mouriño, todas alumnas de 1º de ESO C. E acompáñaas a súa profesora de Lingua Galega, Olga Nogueira. Todas/os acaban de chegar ao IES Mendiño, e imos conversar sobre as súas primeiras impresións.

    Músicas que acompañan o audio:
    Wholesome by Kevin MacLeod
    Link: https://incompetech.filmmusic.io/song/5050-wholesome
    License: https://filmmusic.io/standard-license

    Conversas arredor do clima. Meteomendiño

    Conversas arredor do clima. Meteomendiño
    O alumnado de 1º ESO A do IES Mendiño combinou a súa participación no Proxecta Meteoescolas coa participación en RQR, a radio do instituto.
    Conscientes da importancia de coñecer como funciona a natureza e como se producen os fenómenos atmosféricos que observamos de xeito cotiá, os alumnos e alumnas elaboraron diálogos divulgativos sobre os fenómenos meteorolóxicos, o clima e os efectos da actividade do ser humano sobre a atmosfera. Estes textos foron posteriormente gravados na radio, dando lugar a un espazo que titulamos “Conversas arredor do clima”.
    O alumnado participante foi:
    Xeada e orballo
    Ainhoa, Sabela e Xiana A.
    O vento e as súa medidas
    Álex, Brais, Lucas e Mateo
    Como se forman as nubes?
    Bruno, Diego, Simón, Xabi e Xoán.
    A presión atmosférica
    Anxo, Ezequiel, Iván e Xiana V.
    A chuvia ácida
    Ana Lía, Candela, Cayetana, Mara e Silvia.
    O efecto invernadoiro
    Alba, Mateo, Naiara e Pepe.

    Podes consultar as notas do episodio na nosa web: https://rqr.gal

    Música da sintonía:
    Wholesome by Kevin MacLeod (https://incompetech.filmmusic.io/song/5050-wholesome)
    Logo

    © 2024 Podcastworld. All rights reserved

    Stay up to date

    For any inquiries, please email us at hello@podcastworld.io