Logo

    podgalego

    Explore "podgalego" with insightful episodes like "Buran 015 (12-04-2018)", "Burán 014 (22-02-2018)", "Sexto Grao 008 - José Ramóm Pichel", "Buran 013 (08-02-2018)" and "Sexto Grao 007 - Danny Barreto" from podcasts like ""Burán", "Burán", "Sexto Grao", "Burán" and "Sexto Grao"" and more!

    Episodes (63)

    Buran 015 (12-04-2018)

    Buran 015 (12-04-2018)
    Tras superar algúns problemas técnicos, a tripulación do Buran fai un percorrido pola historia dos plaxios. Un programa cargado de cancións (e as súas copias máis ou menos ilexítimas) que van de George Harrison a Jorge Ben e de aí a José Afonso. O primeiro programa non completamente orixinal de Buran, partindo de que é un plaxio de nós mesmas.

    Burán 014 (22-02-2018)

    Burán 014 (22-02-2018)
    Tras recoller un autoestopista galáctico-galaico, a tripulación aborda unha conversa con el sobre os videoxogos nas nosas vidas. A nostalxia que non sabías que tiñas das recreativas soviéticas, como convenciches aos teus pais de que a cousa molaba usando o Tetris e as memorias de gamers que todas temos gardadas no faiado. Unha cita na que empezamos con versións de Lana del Rey (porque as rapazas tamén xogan) e seguimos con Nobuo Uematsu e os seus Black Mages, e coas vidas extra que sempre nos presta Malandrómeda.

    Sexto Grao 008 - José Ramóm Pichel

    Sexto Grao 008 - José Ramóm Pichel
    Hoxe sométese ao sexto grao José Ramóm Pichel Campos, nacido no 72 na cidade de Compostela ao terceiro dia exilou-se na Travesa de Vigo e con orixes na Terra de Montes. Enxeñeiro informático pola UDC, cofundador de Imaxin Software no 1997 leva anos investigando e traballando no campo do software e as linguas. Escritor en moitas publicacións como o Galicia Hoxe, Novas da Galiza e diversas revistas así como varios libros como “O galego é uma oportunidade”. Playlist de José Ramóm Pichel: Eclectica Ensemble - Arrole (Ugia Pedreira, Chito) Tom Ze - Esquerda, grana e direita Aline Frazao - Insular Negu Gorriak - MATXINATU VALS-A Caldeirada - Home Maquina (con Hevi) Rage against the machine - Ghost of Tom Joad

    Buran 013 (08-02-2018)

    Buran 013 (08-02-2018)
    A tripulación esperta con lembranzas confusas e o resaibo de soños estraños. Así que dedicamos o programa a falar do mundo onírico, de Freud a Jung, ou de Paprika a Inception, sen esquecer o noso vello amigo Pedro Chosco. Na banda sonora, Caetano Veloso, Narf, o Enter Sandman de Metallica e as anainas de Chet Baker.

    Sexto Grao 007 - Danny Barreto

    Sexto Grao 007 - Danny Barreto
    Hoxe sométese ao sexto grao Danny Barreto, Portorriqueño nado na emigración nos Estados Unidos, é profesor da universidade de Colgate en Nova Iorque. Doutorouse cun estudo sobre a literatura galega do século XIX, ten estudado o impacto da cuestión nacional, a sexulidade, o xénero e a língua na literatura e agora centra a súa actividade docente e investigadora nos estudos LGBTI. Playlist de Danny Barreto: "La Borinqueña" - Lizbeth Román "Lamento borincano" - Daniel Santos "Querido FBI" - Calle 13 "Toca madera" - Los Wálters "Tomboy" - Princess Nokia "El gran varón" - Willie Colón

    Burán 012 (25-01-2018)

    Burán 012 (25-01-2018)
    Nunha nave xestionada por humanos non deixamos de preguntarnos como sería deixar os nosos rumbos en man dunha intelixencia artificial. Máquinas que aprenden, posíbeis personalidades, a tentación do mal, ou os dereitos e liberdades que poden ter (ou non) as intelixencias tecnolóxicas que nos rodean son algúns dos temas que tratamos. Tamén da súa extensión na literatura galega recente ou en filmes non tan novos nunha viaxe na que albiscamos a singularidade ao lonxe. Con música de varias intelixencias artificiais, ademais dos novos Peña e os non tan novos Radiohead.

    Burán 011 (11-01-2018)

    Burán 011 (11-01-2018)
    Criptocousas, a arte de ocultar mensaxes desde a antigüidade, a espías como Mata Hari, heroes de guerra como Alan Turing ou o seu emprego actual nas criptomoedas tan de moda nos últimos meses. Unha viaxe apaixonante co capitán de volta aos mandos da nave e onde pincharemos cousas fóra do común como Músculo!, Make Up and Vanity Set, García MC ou a indesencriptable Björk.

    Burán 010 (14-12-2017)

    Burán 010 (14-12-2017)
    Pódese viaxar no tempo? E necesario un Delorean? E se viaxas no tempo e atropelas sen querer ao teu propio avó ou ao de Manu Chao? Destas e doutras cuestións tratamos neste programa: pastores que buscan ovellas perdidas, conspiracións contra Ramsés II, máquinas do tempo e utopías feitas realidade. Tamén vos aprenderemos a distinguir a viaxe no tempo dos universos alternativos e entender por que o tempo é unha dimensión. E todo a ritmo de Malandrómeda, Mano Negra, Joan Colomo e Moon Cresta.

    Burán 009 (23-11-2017)

    Burán 009 (23-11-2017)
    No segundo Buran da temporada analizamos as nosas lendas urbanas favoritas. Músicos que nunca morreron, a nena da curva, o rei en moto, as fraudes que rodean a alimentación e a saude. Un programa que inclúe un bonus para poderte bañar sen acabar de facer a dixestión e onde Elvis Presley rockanrolea despois de morto para nós, Marilyn Manson lembra os seus anos como actor infantil, a metade de The Homens poñen a sintonía de peche e avións do Seprona planean sobre os montes galegos con tétricas e reptilianas cargas.

    Burán 008 (09-11-2017)

    Burán 008 (09-11-2017)
    Buran regresa na segunda tempada falando novamente de vampiros, nesta ocasión con perspectiva contemporánea. Falamos do vampiro como ser problemático que se enfronta a unha natureza diferente, tamén como representación do marxinal e da súa relación coa sexualidade (especialmente co lesbianismo). E pasando polas versións humorísticas e por aquelas propostas que trataron de convertelo nunha fantasía conservadora. Movéndonos na longa distancia que vai de Cris Pavón e Stephenie Meyer e con músicas de Arctic Monkeys, Muse ou Legião Urbana.

    Buran 005 (22-06-2017)

    Buran 005 (22-06-2017)
    Burán é unha nave da URSS nunha misión espacial que vive a desintegración soviética, quedando en órbita sen un país que os recolla. Os tripulantes quedan pois á súa sorte vagando no espazo. Non se lles ocorre nada mellor que facer un programa de radio.

    Buran 004 (08-06-2017)

    Buran 004 (08-06-2017)
    Burán é unha nave da URSS nunha misión espacial que vive a desintegración soviética, quedando en órbita sen un país que os recolla. Os tripulantes quedan pois á súa sorte vagando no espazo. Non se lles ocorre nada mellor que facer un programa de radio.

    Sexto Grao 006 - Mario Regueira

    Sexto Grao 006 - Mario Regueira
    Hoxe sométese ao sexto grao Mario Regueira, Ferrolán e Compostelano de adopción, doutor en Filoloxía Galega especialista en teoría da literatura e literatura comparada, cunha tese de doutoramento sobre a narrativa de post-guerra. Escritor de prosa, poesía e crítico literario, con máis de media ducia de libros publicados. Colabora e colaborou con moreas de publicacións especializadas e xeralistas, das que salienta a súa crítica literaria periódica no Sermos Galiza. Playlist: Upa Neguinho, de Elis Regina Trem das onze, de Caetano Veloso e Maria Gadú Russian Lullaby, de John Coltrane Samba da fim do mundo, de Emicida C.V.F., de Skacha Three Is A Magic Number, de Schoolhouse Rock

    Buran 003 (18-05-2017)

    Buran 003 (18-05-2017)
    Hoxe en Burán falamos dos contos e das historias que provocaron diversos traumas na nosa psique infantil. Dende os reversos tenebrosos dos contos populares até as lecturas obrigatorias e a forma na que estragaron a nosa infancia e remataron cos nosos soños, levándonos a unha vida de perdición e programas de radio.

    Sexto Grao 005 - Iria Veiga

    Sexto Grao 005 - Iria Veiga
    Hoxe sométese ao sexto grao, Iria Veiga, con orixes en ferrolterra, actualmente veciña de Santiago de Compostela, é médica psiquiatra, divulgadora científica no blog O outro lado do espello e participante en Escépticos no Pub, Pint of Science e outras. Colaboradora de Praza Pública, membro de ARP-Sociedade para o Avance do Pensamento Crítico e membro destacado do Movemento Galego pola Saúde Mental. É a recente gañadora do Premio a artigos xornalísticos da lingua Concello de Carballo. Hoxe falaranos da súa mente e da dos demáis entre outros asuntos. Tracklist: Nirvana - Lithium Higgs Boson Blues Dammi i colori - Recondita armonia Disc Wars Musical Offering - Canon 1 BWV 1079 Supermassive Black Hole

    Sexto Grao 004 - Pablo Gamallo

    Sexto Grao 004 - Pablo Gamallo
    Hoxe sométese ao sexto grao Pablo Gamallo, vigués virado compostelán. É doutor en lingüística computacional, profesor na Universidade de Santiago de Compostela e investigador no CITIUS. Como investigador ten máis 120 publicacións científicas, e diversas ferramentas e recursos de uso público. Fundou unha empresa spin off para comercializar os resultados das investigacións. É columnista habitual do Portal Galego da Língua e outros medios de comunicación. E hoxe falaranos dos seus campos de coñecemento e interese. Playlist: Luciano Berio: Folk songs - Azerbaijan love song (versão moderna mui pessoal) Aline Franzão -Tanto Deolinda: Parva que eu sou (ao vivo) Ducront: L'opportuniste Sés: Milonga de aqui Elis Regina: Como nossos pais

    Sexto Grao 003 - Xosé Luís Barreiro Rivas

    Sexto Grao 003 - Xosé Luís Barreiro Rivas
    Hoxe sométese ao sexto grao Xosé Luís Barreiro Rivas. Nado en Forcarei no 49, é un político, politólogo e escritor galego. Participou de xeito moi decisivo na construcción instucional da autonomía como Vicepresidente da Xunta con Alianza Popular e logo con Coalición Galega, que non chegaría a consolidarse como proxecto político, o que o levou a saír da política institucional. Actualmente é profesor de Ciencias Políticas da Universidade de Santiago de Compostela, xornalista, columnista de opinión na Voz de Galicia, autor de diversos ensaios, libros de conversas, e mesmo dun programa de entrevistas na Televisión de Galicia.
    Logo

    © 2024 Podcastworld. All rights reserved

    Stay up to date

    For any inquiries, please email us at hello@podcastworld.io