Logo

    podgalego

    Explore "podgalego" with insightful episodes like "Buran 030 (21-03-2019)", "Buran 029 (07-02-2019)", "Buran 028 (10-01-2018)", "Sexto Grao 013: Pepe Cuña (28-12-2018)" and "Buran 027 (27-12-2018)" from podcasts like ""Burán", "Burán", "Burán", "Sexto Grao" and "Burán"" and more!

    Episodes (63)

    Buran 030 (21-03-2019)

    Buran 030 (21-03-2019)
    Neste Burán falamos de micronacións, reais ou inventadas, lugares minúsculos e imposibles neste planeta ou en órbita. Con música de Fermín Muguruza, Ataque Escampe e Muse, ademáis dalgún himno máis grande que o país ao que pertence.

    Buran 028 (10-01-2018)

    Buran 028 (10-01-2018)
    O amor é un cego guiado por un tolo. O transbordador Burán, porén, está guiado moitas veces por Jonathan Barral, que desde terra nos axuda a orientarnos e polo espacio e polas ondas. Neste programa acompáñanos falando da cegueira e das persoas cegas, na vida e na literatura ou o cinema. Escoitaremos cantares de cego, Hercules & Love Affair ou a Tiago Nacarato.

    Sexto Grao 013: Pepe Cuña (28-12-2018)

    Sexto Grao 013: Pepe Cuña (28-12-2018)
    Pepe Cunha leva máis de vinte anos abríndolle as orellas a Galicia, a emoción que xera a música e o descubrimento de novos grupos fíxolle crear unha web, con crítica de concertos e discos, un programa de radio e participar na emisora de ferrolterra Radio Filispim. Hoxe falaremos e sobre todo abriremos as orellas. Playlist 1. Sokram "Mutant Roll" 2. Chrissie Hynde "I Shall Be Released" 3. Narf "Bos amores" 4. Sumrrá "Rosalía de Castro" 5. Guadi Galego "Fronteiras" 6. Carmen París "Jotera lo serás tú"

    Buran 026 (13-12-2018)

    Buran 026 (13-12-2018)
    En 1988, a Unión Sobiética lanza o espazo o primeiro transbordador Burán; Burán, que significa xistra, estaba chamado a ser unha das pezas máis importantes do programa espacial sobiético, pero a caída do muro de Berlín un ano despois, e a posterior disolución da URSS fan que o proxecto seña cancelado. Teóricamente, os transbordadores quedan avandonados sen celeiros polo territorio da nova república Rusa, pouca xente sabe que un deles, lanzado en colaboración coa Axencia Espacial Galega, ficou avandonado bagando polo cosmos, no seu interior catro cosmonautas que tras ver como desaparece o país que os mandou, seguen agardando que naza aquel que os ten que rescatar, no tempo longo, falan entre si.

    Buran 024 (15-11-2018)

    Buran 024 (15-11-2018)
    Existen os superheroes? Neste episodio achegámonos a figuras con biografías incríbeis ou altamente improbábeis. Estrelas do rock e da astrofísica, aviadores que pilotaron a sorte, señores que mapearon un país a cabalo e actrices que deseñaban o sen fíos mentres triunfaban en Hollywood. Escoitando heroes como Caxade, Eric Clapton, Blood Filloas ou Leonardo da Vinci.

    Burán 023 (01-11-2018)

    Burán 023 (01-11-2018)
    Que posibilidades hai de que deas con este capítulo de Burán por casualidade? Pois moitas máis das que parece, neste programa falamos de sincronicidades e de como a nosa mente constrúe fermosos edificios baseados en feitos illados. Cunha volta do destino de Bob Dylan, The Police, Ana Moura ou Os amigos dos músicos.

    Buran 022 (18-10-2018)

    Buran 022 (18-10-2018)
    As cousas non son o que parecen. Case nunca. Neste programa a tripulación analiza unha boa presada de cancións que falan en realidade de cousas inesperadas. Inocentes temas sobre paxariños que son un canto á revolta social, óperas para iniciar unha revolta contra as forzas de ocupación ou músicas indie con subtexto LGBTQ. Sen esquecer todo o que a galeguidade oculta tras a auga e os muíños.

    Buran 021 (04-10-2018)

    Buran 021 (04-10-2018)
    O transbordador Buran recolle un novo autoestopista chamado Juan D. Díaz para repasar con el a historia da arquitectura desaparecida da capital galega. Rúas que se salgaban e tiñan que ser pechadas para sempre, furias demoledoras de alcaldes franquistas e outras formas de crear edificios fantasmas. Soando The Homens, Aló Django, Muse e Hanz Zimmer.

    Buran 020 (20-09-2018)

    Buran 020 (20-09-2018)
    Ao longo da historia varios grupos humanos tiveron a xenial idea de mesturar os seus proxectos políticos con posturas místico-relixiosas, algunhas veces aderezados tamén con drogas e complexos mesiánicos. Neste episodio analizamos os exemplos máis disparatados, descacharrantes e algúns dos máis tráxicos, escoitando música de Galician Army, os Beatles ou os Beach Boys.

    Buran 019 (09-08-2018)

    Buran 019 (09-08-2018)
    Os mitos populares e as lendas tribais, moi especialmente no caso galego. Ou dito doutra forma, os restos que quedaron dunha cristianización mal feita e que aínda aparecen nos rituais do lume e das ondas, nos tesouros perdidos e nos rituais da menciña popular. Escoitando música de bruxaría con Dr. John, Pendulum e Na Lúa versionando ao José Afonso.

    Buran 018 (26-07-2018)

    Buran 018 (26-07-2018)
    Segunda parte do tema da loucura, nesta ocasión o seu pouso e os seus clichés no mundo da literatura, aínda que non só. Con Gnarls Barkley, Daniel Johnston e Sergio Mendes, ademais dos devaneos musicais dun capitán que volve das súas misións con estrés post-traumático e ao que recibimos con moito cariño.

    Sexto Grao 010 - Oscar Antón Perez

    Sexto Grao 010 - Oscar Antón Perez
    Hoxe sométese ao sexto grao... Oscar Antón Perez, nado na parroquia de Oirán en Mondoñedo, fillo de labregos e dun tempo de loitas sociais, non dubidou en formarse como Enxeñeiro Técnico Agrícola e en envolverse en movementos culturais, sociais e políticos. Actualmente traballa como asesor da denominación de Orixe Protexida do Pemento de Herbón e redactor técnico da revista Afriga, entre outros moitos. Preocupado polo seu país e polo seu tempo, escribe artigos de opinión en Praza.gal e no seu blogue Acheite. Playlist de Oscar Antón Perez: 1.-Tratorada. Rastreros. Disco Union Bravú. 1996 2.- O meu amor, Leilia. Madama. 2003 3.- Rock And Roll. Led Zeppelin. Led zeppelin IV. 1971 4.- O viramundo. Bethânia, Vinicius, Toquinho. La Fusa. 1972 5.- Alborada Jazz. Guadi Galego, Anxo Angueira e Abe Rábade. Disco Rosalia 21. Ano 2009

    Buran 016 (03-05-2018)

    Buran 016 (03-05-2018)
    Hai xeitos e estilos para facelo todo, no programa desta quincena, a tripulación de Buran fala de mortes curiosas, as que son claramente ridículas, as que denotan unha resistencia sobre-humana e as que son auto-infrinxidas dos máis variados xeitos. Cunha selección musical no que buscamos o lado fermoso da vida de man de Samesugas, Vinícius e Toquinho e os nosos admirados Monty Python.

    Sexto Grao 009 - Lorena Souto

    Sexto Grao 009 - Lorena Souto
    Hoxe sométese ao Sexto Grao Lorena Souto, nada no Páramo en Lugo, estudou filoloxía galega en Compostela, cidade na que viviu ata hai alguns anos en que marchou a Gales como profesora universitaria de galego e para rematar a súa tese de doutoramento. Escritora de varios poemarios galardoados en diversos concursos como Fase de Trema ou Coleópteros, así coma outros proxectos culturais. Con ela usaremos as palabras para falar da palabra. Playlist seleccionada por Lorena Souto: 9Bach-Ffarwel (Tincian) Noise Project – A casa do ancián (Asuntos que se resolven co tempo) Baiuca – Solaina (Faiado) A ruta invisible – (Fractura). O proxecto con David Miranda en primicia. Glass Animal - Psylla Dafydd Iwan – Yma O Hyd
    Logo

    © 2024 Podcastworld. All rights reserved

    Stay up to date

    For any inquiries, please email us at hello@podcastworld.io