Logo

    galego

    Explore "galego" with insightful episodes like "Buran 019 (09-08-2018)", "Buran 018 (26-07-2018)", "Buran 017 (24-05-2018)", "Sexto Grao 010 - Oscar Antón Perez" and "Buran 016 (03-05-2018)" from podcasts like ""Burán", "Burán", "Burán", "Sexto Grao" and "Burán"" and more!

    Episodes (100)

    Buran 019 (09-08-2018)

    Buran 019 (09-08-2018)
    Os mitos populares e as lendas tribais, moi especialmente no caso galego. Ou dito doutra forma, os restos que quedaron dunha cristianización mal feita e que aínda aparecen nos rituais do lume e das ondas, nos tesouros perdidos e nos rituais da menciña popular. Escoitando música de bruxaría con Dr. John, Pendulum e Na Lúa versionando ao José Afonso.

    Buran 018 (26-07-2018)

    Buran 018 (26-07-2018)
    Segunda parte do tema da loucura, nesta ocasión o seu pouso e os seus clichés no mundo da literatura, aínda que non só. Con Gnarls Barkley, Daniel Johnston e Sergio Mendes, ademais dos devaneos musicais dun capitán que volve das súas misións con estrés post-traumático e ao que recibimos con moito cariño.

    Sexto Grao 010 - Oscar Antón Perez

    Sexto Grao 010 - Oscar Antón Perez
    Hoxe sométese ao sexto grao... Oscar Antón Perez, nado na parroquia de Oirán en Mondoñedo, fillo de labregos e dun tempo de loitas sociais, non dubidou en formarse como Enxeñeiro Técnico Agrícola e en envolverse en movementos culturais, sociais e políticos. Actualmente traballa como asesor da denominación de Orixe Protexida do Pemento de Herbón e redactor técnico da revista Afriga, entre outros moitos. Preocupado polo seu país e polo seu tempo, escribe artigos de opinión en Praza.gal e no seu blogue Acheite. Playlist de Oscar Antón Perez: 1.-Tratorada. Rastreros. Disco Union Bravú. 1996 2.- O meu amor, Leilia. Madama. 2003 3.- Rock And Roll. Led Zeppelin. Led zeppelin IV. 1971 4.- O viramundo. Bethânia, Vinicius, Toquinho. La Fusa. 1972 5.- Alborada Jazz. Guadi Galego, Anxo Angueira e Abe Rábade. Disco Rosalia 21. Ano 2009

    Buran 016 (03-05-2018)

    Buran 016 (03-05-2018)
    Hai xeitos e estilos para facelo todo, no programa desta quincena, a tripulación de Buran fala de mortes curiosas, as que son claramente ridículas, as que denotan unha resistencia sobre-humana e as que son auto-infrinxidas dos máis variados xeitos. Cunha selección musical no que buscamos o lado fermoso da vida de man de Samesugas, Vinícius e Toquinho e os nosos admirados Monty Python.

    Sexto Grao 009 - Lorena Souto

    Sexto Grao 009 - Lorena Souto
    Hoxe sométese ao Sexto Grao Lorena Souto, nada no Páramo en Lugo, estudou filoloxía galega en Compostela, cidade na que viviu ata hai alguns anos en que marchou a Gales como profesora universitaria de galego e para rematar a súa tese de doutoramento. Escritora de varios poemarios galardoados en diversos concursos como Fase de Trema ou Coleópteros, así coma outros proxectos culturais. Con ela usaremos as palabras para falar da palabra. Playlist seleccionada por Lorena Souto: 9Bach-Ffarwel (Tincian) Noise Project – A casa do ancián (Asuntos que se resolven co tempo) Baiuca – Solaina (Faiado) A ruta invisible – (Fractura). O proxecto con David Miranda en primicia. Glass Animal - Psylla Dafydd Iwan – Yma O Hyd

    Buran 015 (12-04-2018)

    Buran 015 (12-04-2018)
    Tras superar algúns problemas técnicos, a tripulación do Buran fai un percorrido pola historia dos plaxios. Un programa cargado de cancións (e as súas copias máis ou menos ilexítimas) que van de George Harrison a Jorge Ben e de aí a José Afonso. O primeiro programa non completamente orixinal de Buran, partindo de que é un plaxio de nós mesmas.

    Burán 014 (22-02-2018)

    Burán 014 (22-02-2018)
    Tras recoller un autoestopista galáctico-galaico, a tripulación aborda unha conversa con el sobre os videoxogos nas nosas vidas. A nostalxia que non sabías que tiñas das recreativas soviéticas, como convenciches aos teus pais de que a cousa molaba usando o Tetris e as memorias de gamers que todas temos gardadas no faiado. Unha cita na que empezamos con versións de Lana del Rey (porque as rapazas tamén xogan) e seguimos con Nobuo Uematsu e os seus Black Mages, e coas vidas extra que sempre nos presta Malandrómeda.

    Sexto Grao 008 - José Ramóm Pichel

    Sexto Grao 008 - José Ramóm Pichel
    Hoxe sométese ao sexto grao José Ramóm Pichel Campos, nacido no 72 na cidade de Compostela ao terceiro dia exilou-se na Travesa de Vigo e con orixes na Terra de Montes. Enxeñeiro informático pola UDC, cofundador de Imaxin Software no 1997 leva anos investigando e traballando no campo do software e as linguas. Escritor en moitas publicacións como o Galicia Hoxe, Novas da Galiza e diversas revistas así como varios libros como “O galego é uma oportunidade”. Playlist de José Ramóm Pichel: Eclectica Ensemble - Arrole (Ugia Pedreira, Chito) Tom Ze - Esquerda, grana e direita Aline Frazao - Insular Negu Gorriak - MATXINATU VALS-A Caldeirada - Home Maquina (con Hevi) Rage against the machine - Ghost of Tom Joad

    Buran 013 (08-02-2018)

    Buran 013 (08-02-2018)
    A tripulación esperta con lembranzas confusas e o resaibo de soños estraños. Así que dedicamos o programa a falar do mundo onírico, de Freud a Jung, ou de Paprika a Inception, sen esquecer o noso vello amigo Pedro Chosco. Na banda sonora, Caetano Veloso, Narf, o Enter Sandman de Metallica e as anainas de Chet Baker.

    Sexto Grao 007 - Danny Barreto

    Sexto Grao 007 - Danny Barreto
    Hoxe sométese ao sexto grao Danny Barreto, Portorriqueño nado na emigración nos Estados Unidos, é profesor da universidade de Colgate en Nova Iorque. Doutorouse cun estudo sobre a literatura galega do século XIX, ten estudado o impacto da cuestión nacional, a sexulidade, o xénero e a língua na literatura e agora centra a súa actividade docente e investigadora nos estudos LGBTI. Playlist de Danny Barreto: "La Borinqueña" - Lizbeth Román "Lamento borincano" - Daniel Santos "Querido FBI" - Calle 13 "Toca madera" - Los Wálters "Tomboy" - Princess Nokia "El gran varón" - Willie Colón

    Burán 012 (25-01-2018)

    Burán 012 (25-01-2018)
    Nunha nave xestionada por humanos non deixamos de preguntarnos como sería deixar os nosos rumbos en man dunha intelixencia artificial. Máquinas que aprenden, posíbeis personalidades, a tentación do mal, ou os dereitos e liberdades que poden ter (ou non) as intelixencias tecnolóxicas que nos rodean son algúns dos temas que tratamos. Tamén da súa extensión na literatura galega recente ou en filmes non tan novos nunha viaxe na que albiscamos a singularidade ao lonxe. Con música de varias intelixencias artificiais, ademais dos novos Peña e os non tan novos Radiohead.

    Burán 011 (11-01-2018)

    Burán 011 (11-01-2018)
    Criptocousas, a arte de ocultar mensaxes desde a antigüidade, a espías como Mata Hari, heroes de guerra como Alan Turing ou o seu emprego actual nas criptomoedas tan de moda nos últimos meses. Unha viaxe apaixonante co capitán de volta aos mandos da nave e onde pincharemos cousas fóra do común como Músculo!, Make Up and Vanity Set, García MC ou a indesencriptable Björk.

    Burán 010 (14-12-2017)

    Burán 010 (14-12-2017)
    Pódese viaxar no tempo? E necesario un Delorean? E se viaxas no tempo e atropelas sen querer ao teu propio avó ou ao de Manu Chao? Destas e doutras cuestións tratamos neste programa: pastores que buscan ovellas perdidas, conspiracións contra Ramsés II, máquinas do tempo e utopías feitas realidade. Tamén vos aprenderemos a distinguir a viaxe no tempo dos universos alternativos e entender por que o tempo é unha dimensión. E todo a ritmo de Malandrómeda, Mano Negra, Joan Colomo e Moon Cresta.

    Burán 009 (23-11-2017)

    Burán 009 (23-11-2017)
    No segundo Buran da temporada analizamos as nosas lendas urbanas favoritas. Músicos que nunca morreron, a nena da curva, o rei en moto, as fraudes que rodean a alimentación e a saude. Un programa que inclúe un bonus para poderte bañar sen acabar de facer a dixestión e onde Elvis Presley rockanrolea despois de morto para nós, Marilyn Manson lembra os seus anos como actor infantil, a metade de The Homens poñen a sintonía de peche e avións do Seprona planean sobre os montes galegos con tétricas e reptilianas cargas.

    Burán 008 (09-11-2017)

    Burán 008 (09-11-2017)
    Buran regresa na segunda tempada falando novamente de vampiros, nesta ocasión con perspectiva contemporánea. Falamos do vampiro como ser problemático que se enfronta a unha natureza diferente, tamén como representación do marxinal e da súa relación coa sexualidade (especialmente co lesbianismo). E pasando polas versións humorísticas e por aquelas propostas que trataron de convertelo nunha fantasía conservadora. Movéndonos na longa distancia que vai de Cris Pavón e Stephenie Meyer e con músicas de Arctic Monkeys, Muse ou Legião Urbana.

    Buran 005 (22-06-2017)

    Buran 005 (22-06-2017)
    Burán é unha nave da URSS nunha misión espacial que vive a desintegración soviética, quedando en órbita sen un país que os recolla. Os tripulantes quedan pois á súa sorte vagando no espazo. Non se lles ocorre nada mellor que facer un programa de radio.

    Buran 004 (08-06-2017)

    Buran 004 (08-06-2017)
    Burán é unha nave da URSS nunha misión espacial que vive a desintegración soviética, quedando en órbita sen un país que os recolla. Os tripulantes quedan pois á súa sorte vagando no espazo. Non se lles ocorre nada mellor que facer un programa de radio.
    Logo

    © 2024 Podcastworld. All rights reserved

    Stay up to date

    For any inquiries, please email us at hello@podcastworld.io